O PP SOLICITARÁ UNHA COMISIÓN ESPECIAL DA OBRA NA PRAZA DE BUGALLAL ANTE OS SOBRECUSTOS, ATRASOS E POSIBLES SANCIÓNS DE PATRIMONIO

  • Os populares consideran que o bipartito BNG-PSOE ten que explicar porqué a obra foi paralizada en diversas ocasións e en que situación atópanse os elementos protexidos por Patrimonio. 
  • B. Villar : “Que convoquen a comisión, infórmesenos e a partir de aí o noso grupo tomará decisións”  

Ponteareas, 12 de maio de 2022.- O Grupo Municipal do PP esixirá unha comisión especial sobre a reforma da Praza Bugallal ante os numerosos problemas que foron xurdindo entre os que se atopa un sobrecusto de mais de 120.000 euros con relación ao proxecto licitado, o prazo de execución foi pasado en 17 meses e hai indicios de que non respectaron o Patrimonio existente na zona.

“O bipartito ten que aclarar que está a pasar con Bugallal. Unha praza que  convertiuse nun despropósito ante os numerosos atrasos , “levan case dous anos en obras”, e que pode derivar en situacións peores segundo apuntan con sancións económicas de Patrimonio e máis  sobrecustos.

Por todo iso, os populares esixen ao bipartito unha comisión especial urxente, para aclarar a situación e dirimir responsabilidades se fose necesario. ”Esperamos que esta comisión convóquese na maior brevidade posible e que o Grupo Acip apóienos nesta solicitude”.