- Os populares presentaron un rogo ao pleno para que se realice unha reforma integral e liquídense con urxencia varios danos que imposibilitan a actividade diaria nas instalacións municipais de Pardellas.
- O PP denuncia que os vestiarios están ruinosos, que hai graves problemas de fontanería e electricidade, materiais abandonados en varios lugares da instalación, muros do peche rotos e falta de mantemento e limpeza, entre outras cousas.
Ponteareas, 19 de abril de 2022.- O Grupo Municipal do PP fará un rogo no pleno para solicitar ao Goberno bipartito que repare as instalacións deportivas de Pardellas que se atopa nun estado de abandono e deterioración total.
Os populares, que visitaron recentemente a instalación convocados por representantes dos clubs e usuarios, fan referencia na súa solicitude a cuestións como a deterioración do céspede natural nun dos campos, a fontanería e os problemas de electricidade, abandono de materiais, “hai sacos con restos de caucho inservible e restos de podas en varios lugares da instalación”. Tamén solicitan o arranxo dos vestiarios, “totalmente abandonados”, reparar o muro de peche que está roto en varios tramos e nos locais encima das bancadas do campo de herba natural os teitos están desprendidos e entra auga os días de choiva. Portais de acceso inutilizados. Unha maior limpeza en toda a contorna e melloras de iluminación. No exterior, “sería necesario mellorar a iluminación, o asfalto e pintar as prazas de aparcamento”.
En definitiva, os populares solicitan unha reforma integral das instalacións de Pardellas, cunha partida económica para este 2022 , “poderíase facer con parte do diñeiro que reciben do Plan Concellos, máis de 1,1 millóns cada ano”, e así mellorarían esta instalación que é utilizado por clubs deportivos e deportistas individuais que agora mesmo teñen que recorrer a outros espazos ante a deterioración de Pardellas.