O PP PROPÓN EMENDAR O PROXECTO DA N-120 PARA ENGADIR UNHA NOVA ROTONDA QUE DE ACCESO A RIBADETEA E PADRÓNS

  • “Solicitamos unha reunión urxente á alcaldesa xa que tal e como se redactou o proxecto prexudícase por centos de veciños das parroquias de  Xinzo, Arnoso, Areas, Ribadetea e Padróns, principalmente”.
  •  “Esiximos unha reunión na que se convoque á Plataforma de afectados da N-120, aos representantes veciñais das devanditas parroquias e aos técnicos de Urbanismo que poidan asesorarnos nesta materia, para facer unhas alegaciónes conxuntas e coordinadas”.
  • O PP xa iniciou reunións informativas polas parroquias afectadas para informar, chegar a un consenso e presentar as emendas.

Ponteareas, 30 de marzo de 2022.- O Grupo Municipal do PP solicitou a convocatoria dunha reunión urxente á alcaldesa de Ponteareas para tratar de emendar o proxecto da mellora da N-120 que se atopa agora mesmo en fase de exposición pública.

Os populares e tamén a Plataforma de Afectados consideran que é necesario incluír no proxecto da N-120 algunhas variacións, porque tal e como está redactado prexudica aos veciños de todas estas parroquias. O PP expón unha rotonda máis para dar saída ao vial das parroquias de Ribadetea e Padróns, e resolver así un punto de alta sinistralidade, polo que a diario pasan máis de tres mil vehículos. “A mellor opción está en situala no mesmo lugar que se expón no PXOM desde a súa aprobación inicial no ano 2013, que sería entre a capela dos Remedios e unha empresa de talleres, por onde vai tamén proxectado un novo vial que dará servizo á zona industrial da Lomba e á estrada que vai ás parroquias de Ribadetea e Padróns” explican desde o PP.  

 “Por outra banda, nas outras parroquias, Xinzo, Areas e Arnoso, están a valorarse diferentes melloras como continuación das sendas propostas, mellorar zonas de paradas de autobuses, que se permita acceder aos barrios desas tres parroquias que dan á N-120 e que agora no proxecto prohíbese, co que xera un grave problema para entrar e saír aos veciños ás súas vivendas, ou que se cre algunha nova rotonda para evitar que a diario veciños teñan que percorrer varios quilómetros en sentido contrario onde van para cambiar de sentido na rotonda máis próxima, como é o caso dos veciños e empresas da Lomba”.