O PP SOLICITA POÑER XA EN MARCHA A UNIDADE DE SAÚDE MENTAL EN PONTEAREAS ANTE O REPUNTE NA COMARCA DE PERSOAS CON TRASTORNOS MENTAIS

  • Consideran que esta unidade, xa confirmada pola Consellería de Sanidade, non pode esperar ao novo Centro de Saúde.
  •  Os populares ofreceron varias posibles localizacións ao Xerente da área Sanitaria de Vigo que xa deu a súa visto e prace para estudalas e avanzar coa posta en marcha do servizo.
  • “Mentres o Bipartito escóndese tras a pancarta da defensa da sanidade deixan de lado as súas funcións nesta materia”.  

Ponteareas, 18 de marzo de 2022.- O Grupo Municipal do PP lamenta a pasividade do bipartito en materia de Sanidade que se limita a facer convocatorias de concentracións mentres a Consellería segue esperando pola resposta do Concello de proposta de terreos para o novo centro de saúde.

Neste sentido, os populares decidiron non esperar máis, e solicitar á Consellería de Sanidade que poña en marcha uno dos servizos que están contemplados nese novo centro de saúde xa que os populares consideran que por interese partidista, do bipartito, están a atrasar a posta ao dispor dos terreos para seguir confrontando coa Xunta.  

“A unidade de Saúde Mental para Ponteareas e a súa comarca xa foi aprobada hai meses pola Xunta, desde o noso grupo solicitamos que ante o repunte de persoas con trastornos mentais e suicidios na Comarca é necesario poñer en marcha este servizo de forma urxente, aínda que sexa nunha localización provisional. Mentres que o BNG e o PSOE están coa pancarta da sanidade, non están a traballar, está a facelo o noso grupo. Esta unidade ía ligada á construción do novo centro de saúde. O bipartito non pon a disposición os terreos para que se consigan estas melloras. Non pairan de dar longas” lamenta a portavoz Belén Villar.  

Os populares informan que esta unidade de saúde mental, estará composta por cinco consultas con profesionais: psiquiatras, psicólogos, enfermeiros, un traballador social e un administrativo, etc. 

“Ante a pasividade manifesta por parte do Goberno local, deixamos de esperar. Solicitamos ao Xerente da área Sanitaria de Saúde, que busquen unha localización alternativa a esta unidade de saúde mental para poñela en funcionamento xa, aínda que sexa de forma provisional noutro lugar, suxerimos propostas de localizacións posibles e outras alternativas que permitan poñer en funcionamento a unidade canto antes”.