O PP CHAMA AO CONSENSO ENTRE OS SOCIOS DE GOBERNO (BNG-PSOE) PARA QUE SE BUSQUE A PARCELA MÁIS IDÓNEA PARA O NOVO CENTRO DE SAÚDE QUE QUERE CONSTRUÍR A Xunta EN PONTEAREAS

  • “Na comisión de hoxe quedou claro que PP e PSOE apostan por facer unha proposta local e que o BNG prefire quedar de brazos cruzados, como levan facendo desde que saíu o anuncio da Consellería de Sanidade”.    
  • B. Villar : “A alcaldesa non pode estar detrás da pancarta solicitando melloras en Sanidade mentres non fai os seus deberes. Ten a obrigación de buscar a parcela máis idónea e poñela ao dispor da Xunta canto antes para a construción do novo Centro de Saúde”.

Ponteareas, 9 de marzo de 2022.- O Grupo Municipal do PP lamenta a falta de consenso entre os actuais socios de Goberno que unha vez máis se puxo de manifesto. Na comisión de Sanidade celebrada este mércores, a solicitude do PP, tratábase de buscar consenso na localización para o novo Centro de Saúde en Ponteareas, servizo que fai catro meses que a Consellería de Sanidade anunciou a súa intención de poñer en marcha.

O BNG presentou un informe de viavilidad, ao que non tiveron acceso con anterioridade os demais grupos, no que concluía unha posible ampliación no actual centro de saúde pero manifestou pola contra que non era a súa opción cando PSOE e PP preguntaron se esta era a súa proposta, que “preferían que viñesen os técnicos da consellería para visualizar unha localización”.

Pola súa banda o PSOE, en consonacia cos populares, manifestaron que a proposta debe partir a nivel local, xa que os primeiros interesados en seleccionar a mellor localización e que mellor coñecen a zona son os veciños de Ponteareas e non os técnicos da Consellería de Sanidade. Neste sentido, Belén Villar, propuxo que o arquitecto municipal redacte un informe para cada unha das posibles localizacións que baralle o Goberno local e decidir cal é a mellor opción, para non seguir perdendo tempo e poñer os terreos ao dispor da consellería. En relación á proposta da parcela de Granitos o PP non se posicionou en contra pero dixo que se necesitaban os informes para valorar se é o máis válido. Pola súa banda o grupo ACIP non quixo pronunciarse.

O PP considera ilóxico o comportamento da alcaldesa e neste caso do seu compañeiro o edil nacionalista, Roberto Mera, que foi o portavoz nesta comisión na que afirmou que “é a consellería a que ten que preocuparse de buscar os terreos”. Villar considera que “non se pode estar detrás da pancarta solicitando melloras en Sanidade e logo non facer os teus deberes.Interésalles confrrontar coa Xunta, dilatar este tema e seguir abanderando unha ficticia defensa da sanidade pública. O Concello de Ponteareas ten a obrigación de buscar unha parcela idónea en accesibilidade, con superficie suficiente e viable para poñela a disposición inmediata da Xunta de Galicia. Iso é o que faría un goberno serio e responsable. Nese sentido pronunciouse a socialista Chus Garrote, evidenciando unha vez máis as diferenzas existentes entre os socios de Goberno”