- B. Villar: “Non podemos falar dun camiño seguro para escolares cando nun punto crúzase co novo vial, reflectido no PXOM, de descarga de tráficos do centro urbano que terá gran afluencia de vehículos diarios”.
- Villar considera que o bipartito improvisa cada día máis e non estuda os proxectos “non ten sentido que manden aos escolares por un lugar que vai ser unha vía de alta capacidade”.
Ponteareas, 4 de marzo de 2022.- O Grupo Municipal do PP mostrou os planos do trazado do camiño escolar, financiado pola Deputación e que o Bipartito de Ponteareas proxectou para supostamente poñer fin ao perigo dos escolares cando acoden á zona dos centros educativos Val do Tea, Pedra dá Auga e Ramiro Sabell e cotexouno co proposto e anunciado en 2019, polo Concello e Deputación de Pontevedra, que é un vial de descarga de tráficos do centro urbano, de alta capacidade, e que transcorre nun punto polo mesmo lugar.
Os populares déronse conta desta coincidencia xa na reunión que o goberno realizou no auditorio no mes de novembro presentando o proxecto do camiño escolar e así o expuxeron. Meses despois comprobaron que non cambiaran nada da actuación e decidiron preguntar no último pleno se se descartou a construción do outro vial da Deputación, que aparece no PXOM e que vai desde a estrada provincial das Nieves, na contorna do Parque de As Pombas ata a N120, cruzando a rúa Xoan Garcia Trobador de Guillade á altura do IES Pedra dá Auga e cruzando tamén o camiño escolar. “Respondéronnos que si se ía a facer o novo vial”.
Non sabemos se é que non se estudan os proxectos, se toman decisións por tomar, sen planificación, ou é que pretenden meter aos escolares polo medio dun vial de alta capacidade. Parécenos unha actuación ilóxica polo que imos solicitar que busquen unha solución e a modificación dun dos viais nese tramo. Non pode ser que un camiño que busca a seguridade dos escolares conflúa cun novo vial de alta capacidade”, explican os populares.