O PP ASISTIRÁ Á CONCENTRACIÓN, QUE SE CELEBRARÁ EN PONTEAREAS, EN REPULSA POLA INVASIÓN A UCRAÍNA

  • Os populares asistirán, mañá venres, á convocatoria na Praza Maior, ás 20.30 h, para mostrar a súa repulsa á invasión e apoiar ao pobo ucraíno.    
  • O PP tamén presentou unha moción no pleno para que desde o Concello de Ponteareas fágase un comunicado unánime de oposición a esta guerra e de apoio ás medidas que está a tomar o actual Goberno Central, a OTAN e a UE.  

Ponteareas, 3 de marzo de 2022.- O Grupo Municipal do PP asistirá á convocatoria mobilizada por varios particulares do pobo, en repulsa á situación que se vive en Ucraína, tras a inxusta invasión de Rusia a este territorio.

“Imos acudir para solicitar o alto ao lume e a paz e amosar o noso apoio ao pobo ucraniano. O Grupo Municipal participará nesta concentración mañá venres, 4 de marzo, ás 20.30 h na Praza Maior, animamos a todos os veciños a que mostren desta ou outra forma o seu rexeitamento a esta guerra”.

Por outra banda o PP, seguindo a liña do seu partido a nivel nacional e autonómico, a inicios desta semana presentouse unha moción para que o Concello de Ponteareas rexeite de forma unánime esta invasión de Rusia a Ucraína e póñase a disposición e apoie as decisións que está a tomar neste asunto o Goberno de España, a OTAN e a UE.