O PP LAMENTA QUE O CONCELLO REXEITASE O CONVENIO OFRECIDO POLA XUNTA PARA O FINANCIAMENTO DA NOVA ESTACIÓN DE AUTOBUSES AO 50%

  • Os populares lamentan este cambio de postura do bipartito, en concreto do edil Roberto Mera, que despois de anunciar a co-financiamento nos medios de comunicación, agora rexeitouna no último pleno local.
  • B. Villar : “A Xunta acaba de licitar a xestión do servizo por cinco anos.  Roberto Mera díxonos no pleno que non aceptan o convenio que se falou hai meses e que agora esixe, o bipartito, novos requisitos. Están a comprar edificios “en ruínas”, hipotecando ao Concello e non son capaces nin de arranxar os que xa están a usar.  

Ponteareas, 25 de febreiro de 2022.- O Grupo Municipal do PP lamenta a intervención no pleno do edil nacionalista Roberto Mera que asegurou romper as negociacións coa Xunta en relación ao convenio que se ía a asinar para a reforma da nova Estación de Autobuses.  

“Hai meses que se publicitou o acordo en que ambas as partes faríanse cargo, ao 50%, da reforma da Estación de Autobuses. Polo que nos respondeu Roberto Mera no último pleno sabemos que ese convenio non se asinou e que agora esixe moitas cuestións que non estaban no documento inicial. Teñen ganas de confrontar coa Xunta e non de solucionar os problemas. A Estación de Autobuses require unha intervención urxente e rexeitar esa axuda foi un erro”.  

O Grupo Municipal do PP lémbralle ao bipartito que está a comprar edificios “en ruínas” que necesitan moito diñeiro para rehabilitalos, á conta de hipotecar o Concello, ante a falta de espazo municipal, e pola contra non é capaz de manter as actuais instalacións que deixan a súa falta de xestión e mantemento en evidencia. “A estación de autobuses, a Residencia de Maiores, a cuberta da piscina municipal, a escola infantil, o auditorio, non hai un edificio no que non teñan problemas. Son uns nefastos xestores”.