O MINISTERIO DE FACENDA CONFIRMA O QUE VÉN DENUNCIANDO O PP HAI ANOS, O CONCELLO DE PONTEAREAS GASTA MÁIS DO QUE INGRESA E NON PAGA AS SÚAS FACTURAS

  • B. Villar: “Agora xa non o di o PP, o Ministerio de Facenda confirma que Ponteareas atópase entre os 140 concellos que teñen un volume desmesurado de falta de pagamento de facturas e obrígalles a realizar un Plan de Axuste antes do 22 de marzo”.  
  • Villar considera moi grave a situación que o bipartito quixo ocultar e maquillar e solicita a comparecencia urxente do responsable de Facenda.    

Ponteareas, 17 de febreiro de 2022.- O Grupo Municipal do PP considera que o malgasto do Bipartito ocasionou que agora mesmo atópese en números vermellos e teñan que recorrer a un novo Plan de Axuste para poder pagar todas as facturas que teñen no caixón, e o Ministerio de Facenda advírtelles que se non o fan, reteranlles os fondos.  

 “Isto vai supoñer novos préstamos, novos intereses a pagar ao Ministerio de Facenda que, debido ao deixamento deste bipartito, vai adiantar o diñeiro para poder pagar a provedores. Vergoña tiña que darlles subirse o salario en 2021 e ter ás empresas e autónomos sen cobrar. Esiximos a comparecencia urxente do responsable de Facenda para que nos explique a canto ascende a débeda e cal é o comunicado recibido de Facenda. Isto non nos colle por sorpresa, levamos meses denunciado que o bipartito terminou coa liquidez existente. Foi todo un espellismo. Colleron un Concello saneado e volvérono a arruinar. O gasto por encima das posibilidades, a morosidade e o non cumprir cos pagos é algo que veñen practicando nos dous últimos exercicios”.  

O PP considera que o Bipartito estivo a vivir de rendas os primeiros anos de Goberno e que desde 2017 encargouse de dilapidar todo o traballo de austeridade levado acabo polos populares ata 2015. “É unha pena que o Concello volva estar nesas listas de problemas financeiros con todo o esforzo que pasamos, que os propios funcionarios tiveron que arrimar o ombreiro, que os veciños tamén foron partícipes desta recuperación coa aplicación da subida do IPC. Ponteareas non se merece gobernantes tan irresponsables”.