- Os populares consideran que é lóxico que a plataforma síntase molesta co voto en contra dos socialistas no último pleno.
- B. Villar : “Non se entende que un bipartito, un mesmo Goberno Local, teña criterios diferentes nunha cuestión tan importante como é a mellora da N-120”.
- “Esta ruptura de consenso e unidade non nos favorece. Pedimos calma e estar todos a un tempo neste tema. A Sra. Garrote ten que defender aos seus veciños e non ao seu partido, que neste caso está a ser o que incumpre”.
Ponteareas, 28 de xaneiro de 2022.- O Grupo Municipal do PP solicita calma e unidade ante as reivindicacións da mellora da N-120.
Os populares lembran que sempre se avanzou con unanimidade nesta reivindicación e descoñecen os motivos polos que o PSOE decidiu desmarcarse co seu voto negativo na moción do pasado pleno na que se reprobou á subdelegada do Goberno de Pontevedra pola súa falta de compromiso e palabra con esta infraestrutura.
“Coñecemos a Chus Garrote e sabemos que o seu voto é en defensa do seu partido e non dos veciños. Seguramente recibiu presións non da plataforma senón dos seus propios compañeiros socialistas da provincia. Chama a atención que un mesmo Goberno local teña diferente criterio, non sabemos se é un desacordo puntual ou hai máis problemas de fondo entre os socios de goberno BNG-PSOE”.
O PP chama á calma e solicita a Chus Garrote e ao PSOE local que cesen as acusacións á plataforma da N-120 que aglutina a veciños de todas as sensibilidades políticas e representan unha reivindicación histórica do pobo. “A situación que tiñamos no ano 2018, que por primeira vez reservouse nos Orzamentos Xerais do estado 27 millóns de euros, hoxe non a temos, volvemos ao momento de partida e agora non caben lamentacións, pero se non estamos unidos nisto, xamais veremos a mellora de seguridade necesaria na N-120”