O PP SOLICITA A COMPARECENCIA DA ALCALDESA PARA SABER SE RENUNCIOU Á CONSTRUCIÓN DO VIAL ANUNCIADO POLO BIPARTITO EN 2019 ENTRE A ESTRADA PROVINCIAL DAS NEVES E A N-120

  • Belén Villar : “En 2019 anunciaron este vial, financiado pola Deputación de Pontevedra, desde entón non volvemos a ter novas noticias.
  • Os populares alertan de que o “Camiño Escolar” que vaise executar pola rúa Trovador Xoan Garcia de Guillade, coincide nunha parte do traxecto co vial anunciado en 2019, a altura do IES Pedra da Auga, polo que se supón queda descartado, xa que poñería en perigo aos escolares”.

Ponteareas, 24 de xaneiro de 2022.- O Grupo Municipal do PP solicita a comparecencia no pleno da actual alcaldesa nacionalista, Cristina Fernández, para que explique aos grupos da oposición e aos veciños o estado de tramitación no que se atopa o vial anunciado polo bipartito en 2019, para desconxestionar a entrada a Ponteareas e o casco urbano, un vial desde a estrada provincial das Neves no entorno do Parque de As Pombas, cruzaba a rúa Trovador Xoan García de Guillade á altura do IES Pedra da Auga, e desembocaba na N-120 que, supostamente, xa contaba co proxecto e co financiamento da Deputación de Pontevedra.

“Este vial foi anunciado aos catro ventos en 2019. Non volvemos a ter noticias. Contemplouse no PXOM pero chámanos a atención que o vial, nun dos seus puntos, transcorre por onde agora mesmo o bipartito quere executar o Camiño Escolar. Entendemos que se renunciou por tanto ao vial ou que se trata dalgún tipo de erro xa que non ten sentido mandar aos escolares por un vial que se cruza nun punto con outro que terá tráfico constante. Se o que se busca é a seguridade dos escolares, terán que modificar un dos dous viais”, alertan desde o PP.

Por todo iso e debido á necesidade de desconxestionar a entrada ao pobo, ao faltar o diñeiro para a realización da variante que o Goberno Central de Pedro Sánchez decidiu retirar dos PGE, o PP considera un erro rexeitar este proxecto que xa contaba con financiamento comprometido pola administración provincial. “Hai que chegar a un acordo e estudar os planos porque non pode ser que os dous viais, de diferentes naturezas e intencións, conflúan entre eles”.