- “Presentaremos unha moción urxente para que o pleno posiciónese en contra destes novos trazados que o que fan é prexudicar a estas tres parroquias e que non cumpren co aprobado no PXOM”.
- A Plataforma de Afectados da N-120 tamén mostrou o seu rexeitamento a tal proposta por considerar que o novo trazado é un ‘castigo’ para estas parroquias.
Ponteareas, 6 de agosto de 2021.- O Grupo Municipal do PP puido ter acceso ao proxecto que baralla o Goberno de Sánchez para executar a variante de Ponteareas, a cal non conta con partida económica nos Orzamentos Xerais do Estado despois de que o Goberno PSOE-Podemos eliminase os 21 millóns de euros que deixara o Goberno do PP, en 2018, para esta infraestrutura.
“Nefasto. O trazado que propoñen non ten outro cualificativo. Todas as propostas desembocan nas parroquias de Areas, Arnoso ou Xinzo, cuestión que nos parece inadmisible e que supoñería un novo atraso”, explican os populares.
O PP lémbralle o Goberno Central que no ano 2019, por parte do Ministerio de Fomento xa se falou do trazado da Variante, desde a saída na A52 (Angoares), e desvío polo marxe este do centro urbano, con saída na N-120 por encima do Instituto O Barral, asegurándose que se reducía considerablemente o tráfico pola parroquia de Angoares e os tráficos pola N-120, entre as parroquias de Xinzo, Areas, Arnoso e ata o cruzamento de Mondariz, onde a diario prodúcense grandes atascos e onde moitas familias foron vítimas de accidentes de tráfico.
Tamén, no Plan Urbanístico de Ponteareas (PXOM), desde a súa aprobación inicial, no ano 2013, o trazado da Variante é o mesmo, e agora, no ano 2021, no mes de xuño, demos un “paso atrás” na consecución desta infraestrutura, porque o Ministerio non fai o estudo de impacto ambiental, como procede, da Variante no trazado acordado, expuxo dúas novas alternativas de trazado, onde para maior sorpresa, a primeira opción que se expón non é a existente, senón unha nova que arrincaría na A52, pero sairía na N-120 á altura da parroquia de Areas, proposta que non solucionaría o problema existente senón que o agravaría, ademais das afeccións deste novo trazado nas parroquias de Guláns, Areas, Arnoso e Xinzo.
Os populares reuníronse a semana pasada coa Plataforma de Afectados da N-120 para explicar este cambio de criterio, o atraso que isto supón e os prexuízos destas novas propostas, entregándolles copia do documento e planos que publicou o Ministerio na súa web no mes de Xuño. “Imos presentar unha moción urxente para que o pleno posiciónese en contra deste cambio, o Goberno local, que nos consta que son coñecedores, debe explicar e mostrar a súa opinión en referencia a esta modificación coa que parece están de acordo. Un novo pau para Ponteareas, despois de perder 27 millóns de euros.
Por outra banda, en relación ás melloras na N-120, segue sen aparecer o proxecto que o ano pasado no mes de outubro, na Subdelegación do Goberno, presentaron a “bombo e pratillo” ante representantes da Plataforma e membros do Goberno, deixando fóra aos concelleiros da oposición. “Desde ese momento, o Bipartito de Ponteareas está de brazos cruzados, sen esixir esa exposición pública dunha infraestrutura que levamos anos esperando, e que pola falta de xestión e liderado do BNG ponteareán, en Madrid, os socialistas quitáronnos o diñeiro que había nos Orzamentos”.