CRISTINA FERNÁNDEZ, NOVA ALCALDESA, DECIDE SUBIR POR DECRETO O SALARIO DO NOVO GOBERNO

  • Os populares solicitaran que, a pesar da nova configuración, mantivésese o gasto actual, xa que a inicios de mandato xa se subiu un 60%.
  • “Os salarios do Goberno van supoñer unha subida do 81% en relación ao anterior mandato. O soldo do Bipartito vai custar case 340.000 euros ao ano”.

Ponteareas, 16 de xuño de 2021.- O Grupo Municipal do PP lamenta a decisión da nova alcaldesa, Cristina Fernández, que acaba de decidir por decreto, incrementar os salarios do equipo de Goberno nun momento de crise no que moitos veciños están a pasalo mal e no que o propio concello pasa polas súas horas baixas en referencia á súa situación financeira.

“A nova reestruturación realizada supuxo un incremento salarial non xustificado. O noso grupo vai votar en contra desta medida, que será levada ao próximo pleno. Non hai motivo que xustifique unha nova dedicación completa e outra parcial”, lamentan os populares.

O PP lémbralle á alcaldesa que a inicios de mandato xa se incrementou nun 60% o gasto referente a soldos do equipo de goberno. “Con estas novas decicaciones imos a unha subida do 81% se o comparamos coa corporación de 2015-2019. No ano 2015 o Goberno custaba aos pontareanos 185.000 euros e agora pasa a custar 336.000 euros anuais”.