- “Que engadan máis áreas e cambios de concellerías, pero que isto non supoña un incremento de gasto para as arcas municipais, porque sería unha irresponsabilidade”.
Ponteareas, 4 de xuño de 2021.- O Grupo Municipal do PP solicita á nova alcaldesa, a nacionalista Cristina Fernández, que a nova configuración de Goberno que está a realizar non supoña un custo maior ás arcas locais.
“Que faga os cambios que estime oportunos, coincidimos en que algunhas concellerías non estaban a funcionar ben e quizais estas modificacións liquiden algúns problemas. Con todo, esta novo organigrama non deberá supoñer un incremento no gasto de persoal, referente á corporación”.
O PP lémbralle á alcaldesa que xa a inicios de ano subíronse os salarios dos concelleiros do goberno nun 60% e ampliouse en número de dedicacións, “na situación de crise na que estamos, derivada da pandemia, os políticos somos os primeiros que temos que dar exemplo”.