VILLAR REÚNESE CO RESPONSABLE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN PARA TRASLADARLLE AS NECESIDADES DE PONTEAREAS EN MATERIA EDUCATIVA

  • “Entregamos as solicitudes e suxerencias propostas polas ANPAS e os propios centros, que nos foron trasladadas nos últimos meses”.  

Ponteareas, 11 de maio de 2021.- O Grupo Municipal do PP reuniuse co responsable territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César A. Pérez Ares, para trasladarlle as reivindicacións de pais e centros no que se refire a necesidades educativas no municipio de Ponteareas.

“Queremos agradecer ao secretario a súa escoita activa. Moi consciente das necesidades, as cales moitas nos dixo xa foron tidas en conta e outras se atopan en avaliación”. Os edís populares, Belén Villar e Andrés Sampedro, consideran moi positivo o encontro por tratarse de actuacións que deben solucionarse de fronte ao futuro curso. “Trasladámoslle varias peticións que hai realizadas polo profesorado e as ANPAS dos centros e que confiemos poidan liquidar de fronte ao curso que vén”, explican.