O PP SOLICITA A MODIFICACIÓN URXENTE DA ORDENANZA PARA QUE As ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO POIDAN BENEFICIARSE DAS EXENCIÓNS SOLICITADAS EN PLENO FAI MÁIS DUN ANO

  • Os populares lamentan que o Bipartito non queiran bonificar o pago de impostos como a taxa por ocupación de vía pública ou apertura de gabias a asociacións sen ánimo de lucro.
  • “Ademais de non aplicar a bonificación do 95%, a fianza que esixen pola execución das obras segue sendo excesiva e tardan demasiado tempo en devolvela”.

Ponteareas, 12 de marzo de 2021.- O Grupo Municipal do PP fará un rogo no pleno de marzo para esixir ao Goberno bipartito que tramite de forma urxente a ordenanza que exime e bonifica ás asociacións sen ánimo de lucro do pago de impostos como a taxa de ocupación de vía pública ou apertura de gabias cando solicitan licenza para unha obra.

“Pasou máis dun ano desde que o PP solicitamos a aprobación desta medida, e o bipartito non a puxo en marcha. Estamos a falar de colectivos sen ánimo de lucro como asociacións veciñais, traídas de augas, culturais, etc…que executan obras para o interese xeral e non propio. A administración debería facilitarlles o máximo posible o desempeño das súas funcións e non quedar con parte do diñeiro que teñen para facer obras. Os colectivos están a esperar que estas bonificacións que non se están aplicando, aplíquense. Por outra banda, solicitouse a redución da fianza esixida así como o prazo que se estaba retendo e seguen actuando da mesma forma”.

O PP esixirá na súa moción que se modifique a ordenanza e empécense a aplicar xa estas bonificacións.