- “O bipartito aprobou unha ordenanza que permite ao alcalde fixar onde queira limitación de estacionamento para as tardes e noites”.
- Villar criticou duramente a actitude do concelleiro de movilidade que actúa sen ter en conta a residentes nin a comerciantes do noso pobo. Fala dunha participación social inexistente.
Ponteareas, 25 de febreiro de 2021.- O Grupo Municipal do PP votou en contra da actualización da ordenanza municipal que regula a zona azul. E aínda que moitos dos cambios finais foron propostos polo PP, a decisión do goberno de ampliar o horario de zona azul ás tardes e noites, de forma xenérica, é inasumible polo prexuízo que causa sobre todo a residentes.
O concelleiro de Movilidad e Tráfico non buscaba o consenso nin do PP nin dos veciños neste asunto, xa que, para telo, debía antes de modificar a ordenanza buscar unha solución a todos os cidadáns que quedan sen posibilidade de aparcamento, como é na contorna dos pavillóns deportivos. Habilitar un control específico de residentes ou outro mecanismo que lles permita aparcar preto das súas vivendas. Non esquezamos que en moitos casos son edificios antigos que carecen de garaxe.
A modificación aprobada permitirá ao goberno local aumentar ou diminuír o tempo máximo de estacionamento, que ata o de agora estaba fixado en ordenanza nunha hora e media. Permitiralles tamén implantar a limitación de estacionamento, en todas as rúas que queiran, en horario continuo de mañá, tarde e noite, porque eliminaron da ordenanza o horario fixado de 9:00 h a 14:00 h.
“A posibilidade de reestacionar dentro dun tempo máximo xa existía na ordenanza do ano 2008, o que ten pendente este goberno é actualizar as máquinas que dispensan os tickets de aparcamento para que o fagan por intervalos de tempo que poida seleccionar cada usuario”.
O Grupo Municipal do PP lamenta que o goberno non quixese acordar cos afectados nin cos grupos políticos unha solución mellor que non prexudique a convivencia dos veciños de Ponteareas.