- Villar solicita que se prioricen as obras de adaptación que vén requirindo a Xunta desde hai dous anos, e que Represas e o seu Goberno deixen de botar balóns fóra.
- No 2005 os únicos que estaban como edís desa corporación eran Represas, Roberto Mera e Juan Carlos Carrera, os demais non tivemos acceso ao expediente completo para saber se estaba correcto ou non.
Ponteareas, 10 de febreiro de 2021.- O Grupo Municipal do PP lamenta a actitude do Goberno bipartito que, no seu abandono de funcións, e tras seis anos no Goberno segue exercendo de oposición, culpando de todo o que sucede no Concello a gobernos anteriores, cando, no caso desta escola infantil teñen un proxecto autorizado pola Xunta en xaneiro de 2019 e gardado no caixón.
“Se non son capaces de gobernar e asumir as súas responsabilidades, máis ben erros, que deixen paso a outros grupos políticos que si temos intención de mellorar as cousas” sentenciou a portavoz popular, Belén Villar, en referencia ás acusacións do bipartito de que a culpa da sanción da gardería infantil é dun proxecto de 2005. “Non esquezamos que levan seis anos no Goberno e que a Xunta lles requiriu en varias ocasións a adaptación destas aulas, e hai máis de dous anos que lles aprobou un proxecto para que o executen. As obras terán que coordinalas de maneira que poidan realizalas e seguir funcionando as aulas, é a súa competencia. O que non se pode facer é seguir saltándose a lei e responsabilizar aos demais”.
Villar tamén lles lembra que polo 2005, ano de ampliación da gardería, ningún dos actuais edís do PP atopábase en política. “A diferenza de Represas, Roberto Mera e mesmo Juan Carlos Carrera, ningún de nós estaba en política. Se esa obra fíxose mal tiveron medios para denuncialo no seu día e mesmo paralizalo”. Villar solicita que se executen xa as obras para deixar de pagar sancións polo deixamento do BNG, que é o responsable do servizo, e que o Goberno bipartito acometa a obra que a Xunta requiriu hai máis de dous anos.