- O PP fíxose eco da denuncia no pleno e solicitou unha solución urxente para liquidar esta problemática que están a vivir os veciños dos edificios de Baixada San Roque, nº 19, e da Rúa Castelao números 48,59-61.
Ponteareas, 27 de xaneiro de 2021.- O Grupo Municipal do PP solicitou no pleno, mediante un rogo, unha solución urxente ao problema de filtracións, inundacións e rebosamiento de fecais que están a vivir os veciños de varios inmobles situados nas rúas Baixada a San Roque e Castelao.
“Trasladáronnos a situación, que se produciu por mor das obras que o Goberno local executa nesas zonas. Visitamos a estes veciños e comprobamos como sofren inundacións nos seus garaxes e rebosamento de fecais nas arquetas de entrada ás súas vivendas. O Concello ten que actuar xa, non deixar pasar máis tempo para corrixir este estado de insalubridad que están a vivir estes veciños de Ponteareas”.
Os populares lembran que a competencia de saneamento é exclusivamente municipal, polo que urxen unha solución inmediata.