- “Non é normal que aos veciños se lles cobren 7,7 millons de euros, un 30% mais de impostos que no 2013, e que estes cartos non revertan en forma de investimentos e servizos”.
- O ano 2019 pechou co peor resultado presupostario dende fai anos, cun endebedamento que crece e con facturas “escondidas” nos caixons.
- A conta xeral indica que a 31 de decembro non había na caixa do concello liquidez nin sequera para facer fronte a un mes de nóminas dos empregados.
Ponteareas, 4 de xaneiro de 2021.- O grupo municipal do Partido Popular entende que os orzamentos que manexa o Bipartito son todos os anos irreais e imposibles de executar, de ahí que a Conta Xeral do ano 2019 tivera 83 modificacións orzamentarias segun o Informe da Interventora habilitada.
Denunciamos o trámite de aprobación da Conta Xeral que realizou o goberno, sen explicar porque dun orzamento de 28 millóns de euros que manexaron durante o ano 2019 só investiron 2 millóns e porque deixaron sen executar 9 millons, unha cifra que nos pon en alerta sobre a xestión de BNG e PSOE dos seus propios orzamentos.
Na Conta Xeral destaca o aumento de ingresos por impostos e taxas aos veciños, mais de 7,7 millons de euros, un 30% mais que no ano 2013, recada este goberno bipartito despois de “prometer” rebaixas.
Os datos económicos reflexan un cambio de tendencia de 180º, pasando do aforro ao malgasto. A liquidez na caixa é moi baixa, non chegando a ter acumulado nin sequera importe suficiente para facer fronte ao pago dun mes das nóminas aos empregados.
O endebedamento crece ata os 2 millóns euros a base de firmar novos Préstamos. O Resultado Orzamentario do 2019 é o mais baixo dende fai anos. E pomos de relevo, que no ano 2019 o goberno deixou sen contabilizar e “escondeu” nos caixóns, gastos e facturas por mais de 1 millón de euros.
A interventora habilitada advertiu no seu informe, o que o PP ven denunciado dende fai moitos meses, que a dinámica do goberno é realizar gastos con contratos irregulares que non cumpren co procedemento legal, e tamén que aumentaron as subvencións directas cando o legal é que sexan en concorrencia competitiva.