O PP SOLICITA UN PLAN ESPECIAL E TEMPORAL DE TRÁFICO PARA NON PREXUDICAR AO COMERCIO E Á HOSTALERÍA EN NADAL

  • “A falta de planificación do goberno fai que as rúas de Ponteareas atópense a mayoria en obras, sen posibilidade de aparcamento, a climatoloxía é adversa e non fan nada para mellorar a situación”.
  • Os populares xa solicitaron en meses anteriores coñecer o novo Plan de Tráfico, debido aos numerosos cambios de sentido nas rúas. O documento non foi entregado”.  

Ponteareas, 11 de decembro de 2020.- O  Grupo Municipal do PP solicita ao Goberno local un Plan Especial de Tráfico para as datas do Nadal porque a falta de planificación deste goberno está a provocar no centro de Ponteareas un auténtico caos de tráfico.

Os populares consideran que a situación actual, obras en varias rúas céntricas, a climatoloxía adversa e cambios de sentido efectuados recentemente son os motivos deste caos na Vila do Tea.

“Prodúcense atascos a diario. Está a prexudicarse ao comercio e hostalería da zona. O alcalde ten que crear un Plan de Tráfico específico para esta situación temporal na que se deben facilitar os accesos, o aparcamento e as compras do Nadal”, solicita a portavoz local, Belén Villar.

O PP considera prioritario permitir o tráfico por algunhas rúas cortadas, coordinar as obras existentes, crear aparcadoiros provisionais ou permitir aparcar en zonas de forma temporal e intensificar a regulación do tráfico mediante axentes ou outros sistemas.

“Os que viven nas parroquias non están a gozar do noso pobo, nin facendo as súas compras do Nadal aquí, porque acceder con vehículo converteuse nunha misión imposible”.

Os populares lémbranlle tamén ao bipartito (BNG-PSOE) que seguen á espera de coñecer o novo Plan de Tráfico e Seguridade, debido ás numerosas obras que se están executando e que conlevan cambios de sentidos e novas normas. “Mentres non entregan ese documento, que nos tememos que o van a redactar con posterioridade ás actuacións, solicitamos que se faga un plan especial para as datas do Nadal”.