O GOBERNO BIPARTITO DO CONCELLO DE PONTEAREAS INCUMPRE O ACORDADO COS REPRESENTANTES SINDICAIS E PUBLICA UNHA OFERTA EXTRAORDINARIA DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO SEN CONSENSO

– O Grupo Municipal do PP lamenta a falta de diálogo do bipartito ante un proceso extraordinario de estabilización laboral que afecta a 67 traballadores municipais.

– Villar solicita ao Alcalde “máis transparencia e que deixe de actuar desta forma tan ditatorial”.

– Os populares reuniranse a próxima semana con todos os traballadores afectados.

Ponteareas, 9 de setembro de 2020.- O GrupoMunicipal do PP de Ponteareas ven de denunciar publicamente que novamente o goberno municipal do BNG-PSOE minte aos traballadores, e incumpre o acordado na reunión mantida entre ambas partes o pasado mes de xullo, en relación ao proceso de consolidación de 67 posto de traballo que ocupan traballadores cunha longa e meritoria traxectoria profesional.

Belén Villar, voceira popular, afirma que “según o que nos transmiten os sindicatos, nesa reunión acordouse que o proceso extraordinario de estabilización de emprego que afecta a mais de medio centenar de traballadores municipais, empezaríase a negociar a partir do mes de outubro deste ano. Pero sorprendentemente, os propios traballadores municipais enteráronse polo noso grupo municipal, o día 28 de agosto, de que o Alcalde acababa de firmar o Decreto polo que se aprobaba esta oferta extraordinaria de estabilización de emprego».

Dende o PP tamén denuncian a tensión que está xerando entre os traballadores municipais esta cuestión debido a absoluta falta de transparencia e consenso por parte do goberno bipartito BNG-PSOE. “Os que tanto predican co diálogo e a negociación colectiva, non escoitan e vulneran reiteradamente o espírito negociador e o principio de boa fe actuando dun xeito ditatorial. No seu momento intentaron castigar a moitos de estes traballadores denunciando ‘enchufismo’, pero os xulgados rexeitaron tal denuncia. Agora, BNG-PSOE continúan tendo unha actitude persecutoria convocando as súas prazas sen previo aviso e cun total escurantismo”.

Belén Villar, anuncia que convocará a todos os traballadores afectados a unha reunión pública a próxima semana. “Vamos a estar ao carón dos traballadores e das súas familias defendendo todos os seu dereitos adquiridos, os cales non poden ser pisados de calquera forma por un goberno bipartito que fai caso omiso, e de xeito ditatorial, unilateral e antidemocrático, impón o seu criterio e toma de decisións ‘por decreto’ de Alcaldía”.