O PP PREGUNTARÁ AO BIPARTITO PORQUE NON INFORMOU A VECIÑOS E TURISTAS DA SITUACIÓN DE AUGAS CONTAMINADAS NA FREIXA II E SAN ROQUE

– “Os últimos informes de agosto, aos que tivemos acceso, dan parámetros disparados en canto a contaminación, é moi grave”.

– O PP xa solicitou no seu día que os informes de análises de todas as augas sexan publicados nas canles oficiais do Concello.

Ponteareas, 28 de agosto de 2020.- O Grupo Municipal do PP lamenta o escurantismo que practica o actual goberno bipartito, ao non informar da situación das augas no municipio. Os populares considera que o bipartito debía informar para non por  en perigo a salubridade dos veciños e visitantes que acudiron no último mes á praia fluvial da Freixa. O PP solicitou os últimos informes e comprobou que no mes de agosto varios parámetros indicaban contaminación nas augas, motivo que sería suficiente para ordenar un peche temporal de zonas de baño como a praia fluvial da Freixa. “Así evitariamos poñer en perigo a ninguén. Con eses indicadores, o lóxico é que se informe e mesmo pechen a praia ao baño”. 

Ademais os populares consideran necesario que as analíticas levadas a cabo polos técnicos municipais deben ser publicadas nos diferentes medios públicos, para información de todos os veciños. “ Xa a primeiros de ano solicitamos que se fagan públicos os informes que constantemente se realizan a fontes e zonas de baño do noso municipio. Cuestión que seguen sen corrixir”, explican os populares.