O PP SOLICITA UNHA COMPENSACIÓN, CON EXENCIÓN DE IMPOSTOS, PARA OS VECIÑOS DA RÚA SAN ROQUE

– “Levan máis dun ano co vial intransitable debido ás obras que o Goberno local acometeu e que agora mesmo están paralizadas”.

 – Pedimos celeridade ao goberno bipartito para a terminación desta obra.

Ponteareas, 18 de agosto de 2020.- O Grupo Municipal do PP lamenta que despois dun ano de obras, os veciños da rúa San Roque continúan sen poder gozar deste vial e acceder ás súas vivendas con normalidade.

O PP lamenta a nefasta xestión do Goberno bipartito en relación ás obras de humanización.

“As obras acometidas son un auténtico desastre. Algunhas recentemente asfaltadas xa se gretaron e mesmo caíron. En relación aos veciños da rúa San Roque, levan máis dun ano coa rúa en obras, actualmente cos traballos paralizados. Pedimos unha compensación para os residentes desta zona, coa exención dalgúns impostos como poden ser o de rodaxe ou lixo, xa que levan máis dun ano sen poder utilizala, sufrindo a problemática que calquera obra xera, co agravante de que levan soportando máis de 365 días esta situación”, explican desde o PP.

O Grupo Municipal do PP solicitará esta exención para dalgunha forma “compensar aos veciños que levan máis dun ano sufrindo as obras e solicitarán ao alcalde, Xosé Represas, celeridade na terminación desta actuación.

Declaracións Belén Villar