- Os populares abstivéronse na adhesión á Rede Ágora da Deputación porque consideran que as humanizacións sen planificar prexudican á economía do municipio.
- “Humanizar sí, pero con sentido común”, advirten os populares.
Ponteareas, 14 de agosto de 2020.- O Grupo Municipal do PP lamenta que o Goberno local únase á Rede Ágora, da Deputación de Pontevedra, sen ter en conta as prioridades do municipio, como é a mellora dos accesos e un plan de aparcamentos que resolva o grave problema existente.
A portavoz popular foi tallante, “humanizar sí, pero con sentido común”. Os populares fixeron referencia á recente humanización na estrada de Ribadetea, cun investimento de máis de 850.00 euros, cun sen fin de badéns e unha zona de convivencia por onde pasan 2.700 vehículos diarios. “Cre vostede que con ese tráfico alguén vai deixar pasear aos seus fillos sós por alí? É peonalizar sen sentido”, criticou Villar.
Os populares consideran que goberno municipal BNG-PSOE queren copiar o modelo de Pontevedra e Vigo, obviando que estes municipios contan con servizos e accesos que permiten este tipo de actuacións.
“Mentres non se cren aparcamentos e mellórense os accesos non se pode dar prioridade ao peón en todo Ponteareas. Isto non é Vigo ou Pontevedra, neses municipios existen aparcadoiros privados e públicos, aquí non. Só no centro de saúde van eliminar máis de 100 prazas. O comercio non vai rendibilizar estas humanizacións porque a falta de aparcamento imposibilita que os nosos propios veciños compren no pobo. Non debemos esquecer que máis da metade do noso pobo vive en parroquias do rural e que non teñen transporte público nin aparcamento para vir”, explican os populares.
O Grupo Municipal do PP lamenta que o bipartito empece a casa polo tellado e considera que humanizar sen planificar carrexará graves prexuízos económicos ao comercio e pemes locais.