PONTEAREAS TERÁ DUAS AMBULANCIAS DO 061 ÁS 24H DE FORMA CONTINUADA

  • A partir deste domingo, 16 de agosto, Ponteareas contará con dúas ambulancias do 061 dispoñibles as 24h do día os 7 días da semana.
  • Belén Villar, agradece á Consellería de Sanidade esta importante mellora dando resposta a unha xusta demanda dos profesionais do sector e da propia veciñanza.

Ponteareas, 13 de agosto de 2020.- A Xunta de Galicia continúa traballando na mellora dos recursos sanitarios de Ponteareas, e nesta ocasión amplía o servicio de emerxencias do 061 con dúas ambulancias medicalizables durante ás 24h do día os 7 días da semana.

Dende o PP de Ponteareas, Belén Villar, agradece que a Consellería de Sanidade cumpra o seu compromiso de ampliar a dispoñibilidade de ambulancias 061 para dar resposta de forma moito mais rápida a calquera situación de emerxencia que puidese acontecer no noso municipio.

“Dáse por cumprida unha xusta demanda que sempre trasladei aos dirixentes da sanidade galega, polo que espero que a calidade de este servicio aumente considerablemente en beneficio de toda a veciñanza”, afirma a voceira popular.

Belén Villar, tamén recorda as melloras que se viñeron producindo nos últimos meses no Centro de Saúde de Ponteareas: aumento do cadro de traballadores en máis dun 15%, obras de mellora, dotación de novo material clínico e diagnóstico, acreditación polo Ministerio de Sanidade para a docencia MIR/EIR. Ademais da nova farmacia situada na parroquia de Ribadetea.