O PP DE PONTEAREAS DENUNCIA , UN ANO MAIS, O ESTADO DE ABANDONO DA FREIXA E A SÚA PRAIA FLUVIAL

  • Compartimos o malestar dos veciños polo risco sanitario que producen a acumulación de follas e restos orgánicos.
  • A paisaxe da que debería ser unha preciosa praia fluvial está convertida nun “estercoleiro”.

Ponteareas, 12 de agosto de 2020.- O PP de Ponteareas comparte o malestar que denuncian os veciños pola suciedade da auga na propia Praia fluvial de A Freixa derivada da acumulación de restos de follas e polvo que se producen pola colocación dunha corchera ano tras ano.

O PP lamenta o estado de deterioro no que se atopa A Freixa. “É unha pena que unha praia fluvial como a que temos en Ponteareas e que é unha alternativa fantástica ás praias de Vigo, atópese neste estado de abandono total por parte do Goberno municipal”, explicou Villar.

“Estamos no verán do ano 2020 e a situación non cambiou, é a mesma que houbo no verán do 2019, e na de 2018. Son moitos os usuarios que se queixan da falta de mantemento, presentando escritos no Concello que non son contestados”.

A situación actual do río coa acumulación de follas, os restos orgánicos, a pouca corrente existente, a calor e a propia barreira de boias, non deixa circular a auga e leva á putrefacción en superficie, o que imposibilita o baño e co risco sanitario que supón. De feito o PP asegura que debido a este mal estado non é a primeira vez que aparecen troitas mortas.

Belén Villar urxe ao alcalde Represas, sempre tan preocupado polo Medio Ambiente cando estaba na oposición, a que poña remedio a esta situación.

«É inexplicable que A Freixa atópese neste estado de abandono. Un lugar que debería ser pontenciado para o ben do noso turismo e para o propio lecer dos nosos veciños».