- “O BNG, a pesar de gobernar en Ponteareas e da subida xeral en toda Galicia, non conseguiu ser a primeira forza”.
- “Gonzalo Caballero, natural de Ponteareas, non consegue o apoio dos seus veciños que manteñen ao PSdeG en terceira posición”.
Ponteareas, 13 de xullo de 2020.- O PP de Ponteareas agradece a confianza depositada este domingo na formación liderada por Alberto Núñez Feijóo que manténse como partido máis votado na vila do Corpus.
Nunhas eleccións peculiares pola situación derivada do COVID-19, nas que non se puideron facer grandes mobilizacións, os populares de Ponteareas conseguen manterse como primeira forza no municipio con 4.019 votos.
“Estamos contentos co resultado xa que tiñamos moitos factores en contra. Primeiramente dicir que no noso municipio goberna o BNG, e aínda que do mesmo xeito que nas municipais absorbeu todo o voto das mareas, non conseguiu ser a primeira forza, quedouse a máis de 1.000 votos de diferenza (3.003 votos). Por outra banda non podemos esquecer tampouco que Gonzalo Caballero ten as súas raíces en Ponteareas, municipio no que tanto en municipais como nestas autonómicas realizou numerosas intervencións cunha gran presenza. Con todo, a pesar destes factores, os pontareanos elixiron , por cuarta vez, o programa e proxecto do PP que lidera Alberto Núñez Feijóo”, explican os populares.
Os populares seguirán traballando para incrementar a confianza para próximos comicios “Temos que seguir traballando para convencer , por exemplo, ás persoas que en Ponteareas votaron a opcións como VOX e Cidadáns, partidos que non obtiveron representación”.