O PP SOLICITARÁ NO PRÓXIMO PLENO UNHA MELLORA DAS CONDICIÓNS LABORAIS DOS BOMBEIROS MUNICIPAIS

  • O goberno municipal non recoñece nin administrativa nin economicamente como Bombeiros, aos traballadores do Servizo Municipal de Emerxencias e Extinción de Incendios.
  • Solicitan que o Alcalde presente nun prazo máximo de 3 meses unha proposta de Regulamento Interno para un mellor funcionamento do servizo municipal de Bombeiros.
  • Solicitan unha actualización das súas funcións e do seu salario para que desta forma poidan acollerse ao dereito da xubilación anticipada.

Ponteareas, 26 de xuño de 2020.- O Grupo Municipal do PP de Ponteareas, presentou unha moción para o Pleno Ordinario que se celebrará o próximo martes día 30 de xuño, na que solicitará unha serie de melloras para o persoal do Servizo municipal de Emerxencias e Extincións de Incendios do Concello de Ponteareas.

A falta de recoñecemento administrativo por parte do Goberno Bipartito da condición de “bombeiro” para o todo persoal que traballa neste servizo municipal, está ocasionando graves prexuízos para os profesionais que exercen esta labor no noso Concello. O inmobilismo e a falta e consideración do Alcalde coma do Concelleiro responsable deste servizo, está ocasionando gran malestar entre todo o persoal deste servizo que tan boa valoración recibe por parte dos cidadáns.

As consecuencias de todo isto, é que estes traballadores non se poden acoller ao seu dereito de xubilación anticipada por que o Goberno Bipartito non os considera “Bombeiros” nin administrativamente nin economicamente.

“A hipocresía deste Alcalde chega a tal punto de que presumen dun servizo de Bombeiros municipal que cando estaba na oposición quixo pechar, e que agora tampouco o recoñece na súas nóminas e na organización interna do propio servizo. BNG-PSOE subieron sus salarios pero mantienen a estos trabajadores en unas condiciones inadmisibles”.

Para solucionar este problema, o PP volverá a pedir ao Alcalde que presente nun prazo máximo de 3 meses unha proposta de Regulamento Interno para mellorar o funcionamento do servizo municipal de Bombeiros e conseguir así o necesario e xusto recoñecemento dos profesionais que alí traballan. “Este recoñecemento non pode esperar máis”, afirman os populares.
Os populares recordan que o Alcalde sigue incumprindo con este servicio e tamén con toda a corporación municipal. En novembro de 2015, o Pleno aprobou por unanimidade elaborar un Regulamento de Funcionamento do Servizo de Emerxencias e Extinción de Incendios do Concello de Ponteareas, que nunca viu a luz. “As promesas do Alcalde coa mellora deste servicio son una falta de respecto a todos os traballadores do servizo”, critican os populares.

“A desmantelamento deste servizo é más que evidente, e non o vamos a consentir. BNG-PSOE non lles pagan en tempo e forma as horas extra que realizan, acaban de recortar todas as prazas que tiñan previsto cubrir neste ano 2020, a plantilla de traballadores é completamente insuficiente, e non lles queren pagar como profesionais Bombeiros que son. A súa situación é insostible”, critican os populares