O DOG PUBLICA A ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DUNHA NOVA FARMACIA NA PARROQUIA DE RIBADETEA

  • O venres, 12 de xuño, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a adxudicación definitiva da nova oficina de farmacia na parroquia de Ribadetea.

Ponteareas, 15 de xuño de 2020.- O Partido Popular de Ponteareas comunica que a Xunta de Galicia acaba de adxudicar definitivamente unha nova oficina de farmacia para o noso Concello que se situará na parroquia de Ribadetea.

Coa publicación realizada no Diario Oficial de Galicia (DOG), a Xunta de Galicia adxudicou definitivamente un total de 41 novas oficinas de farmacia en toda a Comunidade Galega, entre a que se atopa a de Ribadetea. Esta asignación realizouse provisionalmente no pasado mes de febreiro, tal e como xa adiantou o PP de Ponteareas.

Os populares queren agradecer á Consellería de Sanidade a súa aposta pola mellora dos recursos sanitarios para o beneficio de todos os Ponteareáns. “Ás importantes melloras en sanidade realizadas en Ponteareas nos últimos meses, como o aumento da plantilla de sanitarios do Centro de Saúde de Ponteareas, e tamén a mellora do propio edificio, agora súmase unha nova oficina de farmacia no rural”, afirman os populares.


“A nova titular da oficina de farmacia será María del Carmen López Crespo, a cal queremos amosarlle todo o noso apoio e os mellores desexos para este inicio de actividade”, finalizan os populares.