O GOBERNO DE PONTEAREAS GASTA MÁIS DE 3.000 EUROS NA SUBSCRICIÓN AO DIARIO “SERMOS GALIZA” PARA QUE O LEAN OS ESCOLARES DO MUNICIPIO

  • O PP considera acertada a decisión de incluír máis lectura de galego nas aulas pero non baixo a lectura dun diario partidista, fortemente vinculado ao BNG.
  • “Poden comprar libros de literatura en Galego. Non gastar os cartos nun diario que o único que fai é criticar a outras opcións políticas que non comulgan coa súa liña nacionalista e independentista. Isto chámase adoutrinar e lembra á política ditatorial doutros tempos”.
Ponteareas, 5 de marzo de 2020.- O PP denunciou no pleno o intento do alcalde, Xosé Represas, de adoutrinar aos escolares de Ponteareas baixo a lectura do Diario de liña nacionalista e independentista “Sermos Galiza”.
.
Os populares, a través da súa edil Silvia F. Táboas, denunciaron o gasto público de máis de 3.000 euros que vai custar a subscrición a este diario e cuestionan o argumento utilizado polo goberno local para adquirir este xornal. “Din que é pola necesidade de ‘presenza literaria do galego nos centros de ensino’. Ocórrensenos moitísimas opcións de introducir literatura en galego sen que sexa cun diario que fai apoloxía política. Se o alcalde descoñece autores ou obras literarias en galego podemos recomendarlle uns cuantos libros que podería comprar e ler”, informan desde o Partido Popular.
.
O PP considera moi grave que se tente adoutrinar “como noutros tempos, utilizando unha política rancia de querer priorizar un idioma sobre outro. Lembra aos tempos ditatoriais nos que se emitía o NODO”, lamenta o PP.
O PP denunciou no pleno o intento do alcalde, Xosé Represas, de adoutrinar aos escolares de Ponteareas baixo a lectura do Diario de liña nacionalista e independentista “Sermos Galiza”
.