O GOBERNO LOCAL EXCLÚE DA LUDOTECA MUNICIPAL ÓS NENOS/AS DE 2 A 5 ANOS

  • Non poderán acudir a Ludoteca os nenos/as con enfermidades como Hepatite ou VIH, e os traballadores deste servizo non poderán actuar cando un neno/a teña unha emerxencia sanitaria
  • A Ludoteca recibiu unha inspección o pasado mes de agosto na que se constatou que este servicio municipal non conta con seguro para realizar actividades no exterior, práctica que é habitual.
Ponteareas, 28 de decembro de 2019.- O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia que o goberno do Concello de Ponteareas aprobou cos votos a favor de BNG, PSOE e ACIP un novo Regulamento de réxime interior da Ludoteca municipal que limita o seu uso aos nenos/as entre 6 e 12 anos, excluindo aos rapaces de 2 a 5 anos, cando este servicio municipal ten autorización pola Xunta de Galicia para traballar con nenos/as de 2 ata 12 anos. “Non compartimos a postura destes tres grupos políticos, parécenos algo insólito e inadmisible, contrario a toda política de conciliación, igualdade e de mellora dos servizos públicos”, denuncian os populares.
.
O PP tamén critica que o goberno bipartito co apoio de ACIP, exclúa da gardería ós nenos/as con determinades enfermidades como a Hepatite ou VIH. “Non hai ningunha razón obxectiva para non permitir o acceso á Ludoteca municipal a estes nenos/as. O que están fomentando é a exclusión social dos que padecen estas enfermidades”.
“Non hai ningunha razón obxectiva para non permitir o acceso á Ludoteca municipal a estes nenos/as. O que están fomentando é a exclusión social dos que padecen estas enfermidades”.
Con este Regulamento tampouco deixarán actuar, nun primeiro momento, ós traballadores deste servizo cando un neno/a teña unha emerxencia sanitaria, como pode ser unha reacción alérxica grave, un atragantamento ou unha baixada de azucre. Cuestión que é totalmente contraria ao que se está realizando nos centros educativos de todo Galicia co programa “alerta escolar” do 061. 
.
O Regulamento foi feito “as presas” despois dunha inspección que fixo a Xunta de Galicia a este centro municipal no mes de agosto onde se detectaron graves irregularidades. Os concelleiros do PP atoparon moitas deficiencias no documento presentado, e pediron que se revisase antes da súa aprobación para garantir a calidade educativa e a seguridade dos nenos/as neste servicio municipal, pero os grupos do goberno, BNG e PSOE, e tamén ACIP, non o aceptaron e aprobárono tal e como estaba.
.