- Martín Hidalgo, de 34 anos, é Licenciado en INEF (Ciencias da Actividade Física e Deporte) pola Universidade de Vigo e Diplomado en Maxisterio especialidade en Educación Física. Conta con dous máster, un en Planificación de Turismo de Interior e Saúde e outro en Dirección e Xestión de Instalacións deportivas.
- Belén Villar destaca a importancia de que mozos preparados como Martín decidan involucrase en política. “O seu traballo é clave para impulsar a colaboración do Concello no eido deportivo”.
Ponteareas, 21 de abril de 2019.- A voceira e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, anunciou o nome da persoa que ocupará o número 11 da súa candidatura para as eleccións municipais do 26 de maio. Martín Hidalgo ocupará o posto que otorga a maioría absoluta.
Martín Hidalgo Bargiela, natural de Ponteareas, de 34 anos, é Licenciado en INEF (Ciencias da Actividade Física e Deporte) pola Universidade de Vigo e Diplomado en Maxisterio especialidade en Educación Física. Conta con dous máster, un en Planificación de Turismo de Interior e Saúde e outro en Dirección e Xestión de Instalacións deportivas. É profesor de ciclos formativos e de formación para adultos. Está vinculado tamén co sector hotelero na vila veciña de Mondariz.
Belén Villar agradeceu que persoas mozas e formadas como Martín decidan dar un paso na política. Prestar os seus coñecementos para favorecer o interese xeral de todos os veciños. Ademais recorda que Ponteareas ten grandes deportistas e infinidade de modalidades deportivas, polo que “a axuda de Martin para avanzar neste eido é moi necesaria”.