Ás 14.00h manterá un encontro con empresarios e comerciantes nun coñecido restaurante de Ponteareas
-Ás 16.15 visitará a parroquia de Xinzo e manterá un encontró/mitin cos veciños alí presentes.
-Tamén asisten Salvador González Solla, candidato ao Senado e o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda.
-Villar agreadece o compromiso permanente de Ana Pastor, candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, co municipio de Ponteareas. “Sempre está cando a necesitamos”.
Ponteareas, 22 de abril de 2019.- A candidata popular ao Congreso, Ana Pastor , visitará novamente a Vila do Corpus. Estará acompañada polo candidato ao Senado, Salvador González, o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda e Belén Villar, presidenta local e candidata á Alcaldía de Ponteareas.
Villar informou sobre o percorrido que fará Ana Pastor o mércores, 24 de abril.
“Ás 14.00h vai manter unha reunión con empresarios e comerciantes da vila. A nivel estatal o Goberno central ten moito que facer neste eido. Ademais, ao rematar a reunión co sector comprometeuse a visitar unha das nosas parroquias. Estará en Xinzo as 16.00h para facer unha visita polo centro e saudar aos directivos. Ás 16.15h manterá, nese mesmo centro cultural, un encontró/mitin con todos os veciños que acudan. Nós trasladamos xa algúns puntos a ter en conta como o saneamento de Ribadetea e tamén a seguridade viaria da N-120. Ambas plataformas están convidadas á cita”.
Villar agradeceu que unha vez máis Ana Pastor cumpra con Ponteareas. “Sempre que a chamamos resposta as nosas demandas. O seu compromiso con Ponteareas é permanente”.