- Francisco J. Represas, natural de Ponteareas, é profesor asociado na Universidade de Vigo e exerce como enfermeiro especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria. Ademais é presidente da Banda Xuvenil e Fundación Musical de Xinxo.
- Rosa María Carrera, de Angoares, exerce como auxiliar de enfermería e foi concelleira de Servizos Sociais nos anos 2011 a 2015.
- Lina Limeres, reside en Ponteareas. É Técnico Superior en Administración e Dirección de Empresas. Empresaria e actual presidenta da Asociación Comerciantes Tea.
- Celeste M. Barco, reside en Ponteareas. Licenciada en Dereito pola Universidade de Navarra. Exerce como avogada dende o ano 1995.
Ponteareas, 10 de abril de 2019.- A voceira e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, anunciou o nome das persoas que ocuparán os números 4,5,6 e 7 da súa candidatura para as eleccións municipais do 26 de maio.
O posto número catro é ocupado por Francisco J. Represas. Natural de Ponteareas, é diplomado universitario en Enfermería e, ademáis de varios Masters, conta cun doctorando en Endocrinoloxía pola Universidade de Vigo. Exerce como enfermeiro especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria no centro de saúde de Nigrán e é profesor titular no Grao de Enfermería pola Universidade de Vigo na Escola de Enfermería do Meixoeiro.. Entre as súas aficións atópase a música e é presidente da Banda de Música Xuvenil de Xinzo e do Patronato da Fundación Musical de Xinzo.
O posto cinco é para Rosa María Carrera, natural de Angoares, auxiliar de Enfermería. Conta con experiencia en política municipal xa que exerceu como edil de Servicios Sociais no anterior mandato (2011-2015).
O posto número seis é para Lina Limeres, reside en Ponteareas, é Técnico Superior en Administración e Dirección de Empresas. Empresaria e presidenta da Asociación de Comerciantes Tea dende o ano 2012.
O posto número sete é ocupado por Celeste M. Barco, reside en Ponteareas, licenciada en Dereito pola Universidade de Navarra. Exerce como avogada dende o ano 1995. Especialista en dereito laboral e Seguridade Social.
Villar agradeceu a súa valentía por implicarse en política e destacou que son persoas moi traballadoras, vinculadas socialmente a Ponteareas e que aportan novas ideas ao seu proxecto para afrontar con ilusión os vindeiros catro anos.