Villar denuncia que o tripartito falseou as contas ocultando facturas de 2018 por máis de 1,6 millóns

-As facturas e as obrigas do 2018  estanse a contabilizar no ano 2019 mediante decretos do alcalde

-Estas facturas supoñen un incremento do gasto dun 10%, incumprindo coa Lei de Estabilidade Orzamentaria que só permite un 2,4%

-O PP presentou unha moción para instar ao alcalde a que explique estas graves irregularidades e que o pleno decida se estes expedientes irregulares son enviados ao Consello de Contas

Ponteareas, 5 de abril de 2019.- A voceira e candidata do PP, Belén Villar, denunciou que máis de 500 facturas que entraron no rexistro do Concello de Ponteareas no ano 2018 foros ocultadas para cadrar as contas e obter un exercicio positivo.

Villar explicou que con este “maquillaxe de contas” o tripartito conseguiu un superávit ficticio o que lle posibilita facer un gasto en inversións neste ano 2019. “Falseou as contas para que o exercicio fora positivo. Non contabilizou ese 1,6 millóns de euros referentes a facturas, a pesar de que foros rexistradas no ano 2018. Isto significa que os 800.000 euros de desequilibrio económico que denunciamos cando se aprobou o orzamento de 2018 que se ía producir, agora é ainda superior chegando ata os 1,6 millóns de euros. Aumenta a débeda creando un grave prexuicio económico a este Concello”.

O PP decidiu presentar unha moción ao pleno para instar ao alcalde a que explique estas graves irregularidades e que a corporación decida se os expedientes son enviados ao Consello de Contas.

“O alcalde non pode xustificarse no seu descoñecemento, é complice destas irregularidades e se non é así votará a favor de que se revisen as contas”.

O PP lamenta estas actuacións que deixan hipotecadas a corporacións futuras “Se gobernamos imos ter que enfrentarnos a este grave desequilibrio económico”.