Belén Villar anuncia a posta en marcha de medidas para incrementar a seguridade no municipio

Ponteareas, 27 de marzo de 2019.- A voceira e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentou, esta mañá, outra das propostas incluídas no seu programa electoral. “Hoxe presentamos unha que creo que é máis que necesaria e que o tripartito non foi quen de resolvela. Estoume a referir a situación da seguridade no municipio. O goberno actual, neste tema, nin está nin se lle espera, por iso é necesario tomar cartas neste asunto. A seguridade é unha prioridade para min”, afirmou Belén Villar.

Así, entre as medidas presentadas polo Partido Popular están as seguintes:

 

  • Convocar as prazas de Policía Local necesarias (6 por turno, 5 policías e un cabo), que agora estanse a cubrir con auxiliares, con competencias limitadas

 

  • Crear ademáis un grupo especial de vixilancia tanto no casco urbán como as parroquias, coa fin de protexer, vixiar e previr actos vandálicos e delictivos, así como contaminación do medioambiente e incendios forestais

 

  • Actualizarase o Plan de Emerxencias Municipal

 

  • Impartir obradoiros de seguridade polo centro urbán e as parroquias dando participación aos veciños

 

  • Crear un plan específico de seguridade do comercio, xa que este colectivo é un dos máis prexudicados. Involucraremos á Policía Local e aos comerciantes para que xuntos poidan facer fronte a este problema

 

  • Facer unha avaliación permanente dos resultados e da situación actual de seguridade

 

  • Potenciar a Protección Civil, proporcionándolle roupa de acordo coa normativa aos voluntarios, a formación externa e interna, así como os materiais e vehículos para desenvolver o seu traballo de xeito profesional

 

  • Impulsar a cultura preventiva nos fogares, escolas e centros culturais, así como a educación de primeiros auxilios

 

  • Durante o verán, instalación dun posto de primeiros auxilios na praia de Freixa

 

  • Apoio e fomento do voluntariado

 

  • Reforzo da colaboración con outras administracións

 

  • Mellora de infraestruturas e medios materiais

 

Bombeiros:

 

  • Aumentar en dous bombeiros máis por turno

 

  • Ponteareas ten unha parroquia declarada ZAR (Zona de Alto Risco de Incendio). Pediremos á Xunta de Galicia ou proporcionaremos ao noso concello, unha brigada específica de bombeiros forestais para a prevención, vixilancia e loita de incendios forestais, en época de alto risco de incendios

 

  • Dotar dun camión autobomba forestal

 

Belén Villar explicou que “temos que marcarnos como obxectivo que os nosos veciños se sintan seguros e tranquilos e por iso a seguridade será unha das nosas prioridades”.