-Varios dirixentes populares compartirán mesa cos veciños e simpatizantes do municipio nunha comida prevista para as 14.00 h no restaurante “El otro mundo del Tea”
Ponteareas, 16 de novembro de 2018.- O Partido Popular de Ponteareas celebrará, o próximo 2 de decembro, unha comida de Nadal con todos os seus simpatizantes para felicitar as festas e vivir unha xornada festiva que achegue e facilite o contacto dos dirixentes populares cos veciños.
Este será o primeiro acto oficial, dentro do partido, dende que se nomeu a Belén Villar como candidata ás eleccións municipais de 2019. “Imos vivir unha xornada festiva para felicitar as festas e transmitir a ilusión que debe supoñer para nós o ano 2019. Está a terminarse a redacción do noso proxecto para Ponteareas e espero poder dar unhas pinceladas ese mesmo día, para animar á xente para sumarse ao mesmo”.
O PP anima a simpatizantes e colaboradores a participar nesta comida do Nadal na cal, por motivos de aforamento, hai que inscribirse antes do 30 de novembro na sede local ou no teléfono 608 516 525.