–A ordenanza contempla varios tipos de terrazas con cores diferentes, sen seguir ningún criterio, e prohíbe a publicidade no mobiliario e peche
Ponteareas, 21 de septiembre de 2018.- O PP de Ponteareas lamenta a improvisación do Goberno local que aprobou no pleno do martes, coa abstención do PP, unha ordenanza reguladora para a instalación de terrazas sen informar os hostaleiros.
O PP considera, que con motivo da humanización do Paseo Matutino, sacaron da manga esta idea sen ter un proxecto ben definido e informar os afectados, os actuais e futuros hostaleiros do municipio.
“A obra do Paseo Matutino quedou proxectada no ano 2015 con consignación orzamentaria da Deputación de Pontevedra, presidida polo PP. O cambiar de Goberno, Represas decidiu modificar o proxecto existente, e agora se non rematan e xustifican a obra antes de final de ano, perderán a subvención. Levan tres anos de atrasos con esta obra e, sen consenso cos afectados, sacaron esta idea, a cal nós estamos de acordo en que se garde unha mesma estética, pero o Goberno ten a obriga de informar e de explicar os criterios que van seguir. No documento hai varios apartados que non quedan claros e que no futuro poden ter problemas de interpretación a hora do cumplimento da norma. Ademais despois de tres anos e medio escolleron un dos meses de maior afluencia no municipio, xa que estamos todavía desfrutando de tempo de verán e setembro é o mes de festas de Ponteareas”.
Tras revisar as incoherencias do texto da ordenanza, todos os grupos da oposición solicitaron a súa retirada, pero Represas decidiu seguir adiante coa normativa co seu voto de calidade de alcalde. “É a segunda vez que trae está ordenanza de forma improvisada. Os hostaleiros non coñecen este texto novo. Estamos a favor dunha uniformidade estéctica pero en consenso cos hostaleiros e non de esta forma”.
O PP informa que o texto da nova normativa non foi consensuado e a proba é que a ordenanza conta cun informe desfavorable no trámite de exposición pública e consulta previa.
“Entráronlles as présas porque están a humanizar o paseo matutino, e parécenos ben que os locais queden ben esteticamente, pero como son obras que van ter que acometer os hostaleiros, o lóxico é que sexan eles os que suxiran e opinen respecto diso. Non se pode escudar vostede en que se colgou na páxina web porque o normal é que se reunira presencialmente con eles, debatese e incluíse no proxecto as súas necesidades e demandas”.
A ordenanza non foi retirada, tal e como se solicitou por parte de todos os grupos da oposición, e foi aprobada por 10 votos a favor,1 en contra e 9 abstencións.
