- Son 15 as entidades deportivas que lograron o financiamento por parte da administración autonómica.
- O PP lamenta que pola contra o Goberno local todavía teña sen convocar as axudas municipais
Ponteareas, 7 de setembro de 2018.- O PP de Ponteareas agradece a aposta clara da Xunta de Galicia co deporte de Ponteareas. A Secretaría Xeral para o Deporte resolveu a última convocatoria de axudas a entidades deportivas galegas e outorgou preto de 20.000 euros en subvencións a clubs deportivos do Concello de Ponteareas.
“Quince entidades recibiron apoio económico da Xunta para o fomento de actividades deportivas. É unha aposta máis da Xunta e o presidente Feijóo co noso municipio”.
A relación de clubs deportivos beneficiarios na zona inclúe á Asociación Deportiva Vila do Corpus, a Asociación Deportiva Wudang Judo, D.A., o Club Bádminton Ponteareas, Club Baloncesto Condado. Tamén perciben esas axudas o Club de Billar Sportivo Ponteareas, o Club Natación Ponteareas, a Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas, o Club Ciclista Ponteareas, o Club Deportivo Cultural Areas, o Clube de Patinaxe Artístico Luar, a Sociedade Deportiva Ponteareas, o Club Teabikes, o Club Tenis Ponteareas e o Sporting Club San Mateo. A maior cuantía correspondeulle á Asociación Deportiva Escolar do Condado e Paradanta con 4.176 euros.
A Xunta repartiu en Ponteareas un total de 19.751,47€ entre 15 entidades deportivas. Hai que lembrar que tratábase dunha convocatoria non competitiva, polo que se concederon as axudas a todo aquela entidade que o solicitou.
Pola contra, o PP lamenta e solicitará explicacións ao Goberno municipal que todavía non foi capaz de sacar as bases reguladoras de axudas locais ao deporte. “Os clubes están a espera de que Represas e o seu goberno informen das bases reguladoras que rixen este tipo de axudas e que un ano mais van con moito retraso, tendo que adiantar os clubes os cartos coa dificultade que isto supón para eles”