Este Orzamento 2018 non recolle nin da solución as cuestións prioritarias do municipio de Ponteareas e aflora un desequilibrio negativo de mais de 827.000 euros que van gastar e que suporá un novo endebedamento
A valoración que dende o PP facemos do Orzamento 2018 é negativa porque endebédase a este Concello durante os próximos 8 anos con mais de 1 millón de euros en préstamos e cun desequilibrio de mais 827.000 euros que van a gastar por enriba do que o concello pode, co cal suporá outro endebedamento a maiores que se deberá solucionar nun futuro.
Ademais de que este presuposto chega tarde xa que non estará aprobado definitivamente ata o último trimestre deste ano e non da solución as cuestións prioritarias de Ponteareas, pero para o Goberno o único obxetivo é dar cobertura a facturas que xa gastaron, contratos “a dedo”, compromisos que asumiron sen crédito e outras moitas cuestións.
Ademais de que o PP no Pleno advertiu que moitos dos contratos xa firmados polo Alcalde en meses anteriores non van ter crédito neste orzamento, como é o caso do Servizo de Renting dos Servidores, un contrato a 4 anos que supón anualmente uns 65.000 euros e outras contratacións mais que foron xustificadas con documentación entregada no Pleno pola portavoz do PP, Belén Villar, ao secretario municipal, pero ainda así o Sr Represas “tirou para adiante”, cometendo unha nova irregularidade.
A maiores do Orzamento 2018, aprobáronse outros dous puntos para “declarar indispoñibles créditos por importe de case 350.000 euros” que este Goberno municipal vai quitar das prazas vacantes de persoal para atender “en algún momento” as peticións de sindicatos e empregados municipais que reclaman melloras salariais dunha futura RPT, e aos taxistas que dende fai tres anos piden ao Goberno que cumpran co que lles prometeron cando estaban na oposición.
Pero resulta que, afirma Belén Villar, esta aprobación de créditos indispoñibles é un acordo nulo porque non existe crédito suficiente no montante total das prazas vacantes, xa que cos decretos que leva firmado o Alcalde no que vai de ano dita partida a día de hoxe está consumida nun 70%, afirmación que foi xustificada pola voceira do grupo popular que aportou ao secretario municipal copia de todos os decretos mencionados, pero que non serviu para que o Alcalde rectificase e aceptase a petición de PP, ACIP e incluso EU, de pedir un informe ao Interventor municipal para que cuantificase canto se gastou e canto queda nesa partida de prazas vacantes.
E xa finalmente esa “euforia” do Goberno cando afirma que “este é o orzamento mais alto da historia”, perde importancia cando mais de 3,2 millóns de euros se corresponden ós novos préstamos que vai asumir o Concello durante oito anos e a unha parte da subvención concedida polo Ministerio do “Plan Edusi”.