Belén Villar asistiu a clausura dos dous obradoiros de emprego subvencionados pola Xunta de Galicia con 279.969 euros

No salón de Plenos do Concello de Ponteareas celebrouse esta maña a clausura de dous Obradoiros de Emprego subvencionados pola Xunta de Galicia con 279.969 euros, dos cales, 122.976 euros foron para gastos de formación e funcionamento, e o importe restante, 156.983 euros destinados a gastos salariais dos alumnos-traballadores participantes.

 

Ó acto asistiu o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, que xunto co alcalde, fixeron entrega dos diplomas que avalan a formación recibida a cada un dos 20 alumnos que participaron nos obradoiros. Titulación de certificado de profesionalidade.

 

Os Obradoiros de Emprego que se impartiron foron, un na “área socio sanitaria” orientado á formación de traballadoras e traballadores de axuda a domicilio, e o segundo obradoiro foi de “albañilería”.

 

Durante os 9 meses de duración destes Obradoiros de Emprego os participantes, en calidade de ‘”alumnos-traballadores”, dispuxeron dun contrato de formación e percibiron o 100 % do salario mínimo interprofesional. Ademais de facilitarlles unha cualificación profesional e a adquisición de experiencia laboral, mediante a realización de obras e prestación de servizos de interese social.

 

Dende o PP de Ponteareas, a súa portavoz Belén Villar, que tamén asistiu a entrega dos diplomas, valora moi positivamente o esforzo que fai a Xunta de Galicia en este tipo de proxectos, que supuxo neste caso máis de 279.000 euros, e nos dous anos anteriores mais de 357.000 euros, o cal pon de releve o compromiso que ten o PP coa inserción laboral dos pontareáns desempregados.