O PP de Ponteareas defende a construción dun Centro Cultural para Pías dentro do Plan Concellos

“Levamos tres anos solicitando en varios plenos ao tripartito que destine diñeiro do Plan Concellos da Deputación á construción e rehabilitación de Centros Culturais. Pero desde o Goberno sempre ignoraron as nosas peticións”, declara Belén Villar, Portavoz do PP de Ponteareas.

O PP de Ponteareas está a favor de que Pías teña un Centro Cultural, como sempre defendemos en todas as parroquias, tal e como demostramos non só con palabras, senón con feitos, xa que durante o noso mandato reformáronse e ampliáronse 18 Centros Culturais. Co que non estamos de acordo é co préstamo a 8 anos que pide o Goberno, préstamo que aínda por riba non pagará o goberno actual, senon que terán que pagar os gobernos dos dous seguintes mandatos.

“Levamos tres anos solicitando en varios plenos ao tripartito que destine diñeiro do Plan Concellos da Deputación á construción e rehabilitación de Centros Culturais. Pero desde o Goberno sempre ignoraron as nosas peticións”, declara Belén Villar, Portavoz do PP de Ponteareas.

De feito, no ultimo Pleno do pasado 19 de xuño, o PP de Ponteareas presentou unha moción, proposta que o alcalde non deixou votar, para que o Goberno local destinase 190.000 euros que ten disponibles nestes momentos do Plan Concellos da Deputación para a rehabilitación da Casa Cultural de Pías.

Por outra banda, dende o PP de Ponteareas non entendemos ás veces o goberno actual, xa que no seu momento denunciaron que os valores catastrais das vivendas en todo o municipio estaban sobrevalorados e que os IBIs eran abusivos, porque as taxacións fixéranse durante o boom económico e non tiñan nada que ver coa actualidade. Pero agora van adquirir unha casa para convertela no Centro Cultural de Pías, para a cal o seu valor catastral, de casa e terreo, é de 84.122€, é o Sr Represas en vez de pagar un importe menor como son cartos públicos pagará 150.000 €.

Con todo o tempo que custou sanear o Concello de Ponteareas, dende o PP non entendemos como ao Señor Represas non lle treme o pulso á hora de endebedar ao Concello en 600.000 máis, sobre todo cando non hai necesidade. Xa que na actualidade o Concello conta con diñeiro para destinar a investimentos: 5 millóns de euros de Fondos Europeos, máis 4 millóns de euros do Plan Concellos da Deputación, e aínda por riba agora ten máis ingresos de impostos, xunto con 2,4 millóns de euros cada ano que o Estado ingresa e que antes retiña para pagar obrigas.