Na pasada lexislatura se aprobaba por unanimidade, no Pleno Municipal de febreiro de 2015, un acordo no que se recollía que o Concello “asumiría o compromiso económico coa participación directa das asociacións de taxistas de Ponteareas para a amortización en cinco anualidades de 12 licenzas de taxi ata cumprir coa legalidade de 1 taxi cada 1000 habitantes”.
O Sr. Represas e a Sra. Garrote afirmaban naquel pleno que era un erro aprobar a Ordenanza tal cal se presentaba, xa que segundo eles, só recollía o seu emprazamento e polo tanto non resolvía este problema, deixando o conflito en mans dos taxistas e acusando ao goberno do PP de tibiedade e cobardía política neste asunto.
Tres anos despois, xa no final desta lexislatura, dende o PP comprobamos que este goberno ademais de mentirlle aos propios taxistas non fixo nada de nada neste asunto evadindo os seus “propios compromisos” e as súas responsabilidades como goberno.
Dende o PP queremos recordarlle tanto ao Sr. Represas como á Sra. Garrote que foron eles mesmos os que propuxeron estes dous acordos plenarios a sabendas de que a situación económica do Concello naquel momento era moito peor da que é agora.
Para o portavoz do PP, Salvador González Solla, xa non vale que se desculpen agora dicindo que van “a comprometerse a buscar unha solución”, cando isto xa é un acordo plenario imposto por eles mesmos ao goberno do PP, e moito menos buscar escusas de que o van facer cando haxa viabilidade legal e económica. Como ben dixeron eles mesmos no Pleno de febreiro de 2015, o único que ten que haber para resolver o “conflito das paradas” como o da “amortización de licenzas” é valentía e vontade política, cousa que ata o de agora non tiveron.
Para o PP xa é hora de dar unha solución urxente a un sector que vén padecendo graves problemas e que tampouco se contempla unha solución no borrador do orzamento municipal para o 2018. Non aparece unha partida económica para a “amortización de licenzas de taxi”, o cal supón, unha vez máis, unha falta de respecto cara este colectivo que na pasada lexislatura, tanto o Sr. Represas como a Sra. Garrote, utilizárono de xeito claramente partidista e electoralista..
Polo tanto, dende o PP, solicitaremos ao Pleno Municipal que o Alcalde inclúa no Orzamento Municipal unha partida suficiente para a amortización de varias licenzas de taxi, así como que o goberno resolva o problema plantexado en febreiro de 2015 tanto polo BNG como polo PSOE con respecto ao “ Anexo das Paradas”.