-“É completamente falso que o ex alcalde utilizase recursos municipais, xa que a lei non o permite, e se o Sr Represas é coñecedor destes feitos o que ten que facer é acudir ao xulgado e denuncialo” sentencia Villar.
-O PP critica ao Alcalde por non querer incluir no pleno ordinario a moción do Grupo Popular na que se solicita que este asuma persoalmente as costas do proceso derivado da súa mala xestión no expediente da praza de Técnico de Intervención, porque aprobouno a sabendas de que tiña os informes desfavorables.
O Grupo Popular de Ponteareas quere manifestar o seu malestar ante as recentes declaracións do BNG nas que afirma disparates tan graves como que o ex alcalde, Salvador González Solla, utilizou recursos públicos para a súa defensa persoal nas diferentes imputacións que se lle realizaron, por certo, todas elas arquivadas.
“É falso e moi grave acusar deste tipo de actuacións e solicitamos unha rectificación pública do BNG” pola seguinte afirmación “non imos aceptar leccións éticas nin morais do PP, e menos despois de que empregasen na súa etapa de goberno recursos municipais para a defensa persoal non Xulgado nos casos nos que o exalcalde Solla estaba imputado”.
Para o PP o que lle pasa ao BNG, é que está molesto porque quedou en evidencia coa súa nefasta tramitación na praza de Técnico de Intervención, e non queren recoñecer os seus erros e asumir as súas responsabilidades a pesar das reiteradas advertencias realizadas pola Secretaria municipal habilitada durante toda a tramitación deste expediente. Por iso tenta desviar a atención con mentiras e disparates.
Sobre a acusación feita polo alcalde de anteriores sentenzas desfavorables no mandato do PP, a ex edil de Economía, Belén Villar, lémbralle que as que non se pagaron foi porque a intervención municipal non permitía abonalas porque non eran “sentenzas firmes”.
E sobre as facturas da empresa de recollida do lixo decirlle que estas sí se pagaron, pero fora de prazo, por iso xeraron intereses, por demorarse no prazo de pago, xa que a lei obriga a que sexa en 30 días, pero o mais curioso é que o BNG critique isto cando o Sr Represas leva dous anos e medio na Alcaldía e aínda non pagou estes intereses que siguen día a día incrementándose. Ademais de que o Alcalde debería ser un pouco máis cauto nas súas acusacións xa que o Concello de Ponteareas actualmente non cumpre cos prazos medios de pago que fixa a Lei o que podería xerarlle o mesmo problema non só coa empresa de recollida do lixo senón co resto de provedores”.