-O Goberno local rexeita a construcción dun aparcadoiro soterrado na praza Bugallal aprobado no ano 2008 por unanimidade da Corporación municipal e que se contempla no PXOM
No día de hoxe, no Concello de Ponteareas constituiuse o xurado para a selección dunha proposta urbanística sobre a Praza de Bugallal na que o PP participaba como un membro do xurado, e ao que acudimos a pesares de non ser notificados adecuadamente, e tendo no día de onte que estar averiguando con persoal da secretaría municipal si estábamos ou non convidados.
Trala constitución da mesa do xurado, Belén Villar que foi o membro designado polo PP para participar, pediu explicacións e aclaracións acerca das noticias que saían no día de onte nos medios de comunicación e que verificamos na propia páxina web do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), onde este declinaba participar no xurado porque o procedemento de concurso elexido polo Goberno municipal non era aberto, e discrepaban do mesmo por ser un proceso restrinxido e impedir que outros Arquitectos interesados poidesen participar.
Dende o PP solicitamos á mesa do xurado que paralizase o procedemento ata que se analizase en profundidade o manifestado nun escrito dirixido ao alcalde por parte do COAG con data 13 de febreiro de 2018 e ao que tivemos acceso, xa que este denunciaba a falta de publicidade e transparencia, e poñía en dúbida a legalidade da licitación, cuestión que compartimos dende o PP e que está na mesma liña do que vimos denunciando dende fai tempo, dado que estamos ante un Goberno que adxudica contratos menores que logo co tempo se convirten en contratos maiores, nos que falta a transparencia e nos que prevalecen os “favoritismos”.
Por outra banda, Belén Villar puxo de manifesto á Mesa que xa existe no Concello dende o ano 2008 un “Proxecto de Humanización da Praza Bugallal e rúas anexas (Avda Constitución, Vidales Tomé e Morales Hidalgo)”, que levaba consigo a construcción dun aparcadoiro soterrado na mesma praza, e que contou coa aprobación unánime de toda Corporación municipal, ademais de contar con todos os informes necesarios favorables, incluido o de Patrimonio.
Ademais queremos recordarlle ao Goberno local que todo o sector comercial de Ponteareas leva anos solicitando a construcción deste aparcadoiro soterrado, e en concreto a última solicitude para a súa construcción data do mes de febreiro de 2015, onde a Asociación Comercial de Ponteareas, en nome da súa presidenta daquela, Isabel Blanco reclamáballe ao Concello e ao Goberno do PP a construcción urxente deste aparcadoiro soterrado na praza Bugallal, en base ás enormes dificultades existentes para estacionar e facilitar as compras.
Dende o PP consideramos necesario que o Alcalde resposte acerca de si contempla como condicionante neste “concurso de ideas” o aparcadoiro soterrado nesta praza ou non, e porqué se descarta o proxecto existente de humanización aprobado no ano 2008 por todos os grupos políticos e que agora o Goberno vai a gastar innecesariamente mais de 60.000 euros, entre este “concurso de ideas” e a posterior dirección de obra.
Por último, a pesares das manifestacións feitas polo PP na mesa do xurado este non paralizou o proceso, para dar tempo e aclarar todas as cuestións plantexadas, principalmente as de legalidade, razón pola cal o membro do PP decidiu abandonar dita mesa do xurado e non participar en algo que non está ben iniciado, que lle falta transparencia e que vai supor empezar de novo cun proxecto cando xa existe un que está pagado e aceptado por todos os grupos da Corporación.