-Ante a denuncia presentada no Xulgado polo PP, Xosé Represas, decidiu anular a praza de técnico de Intervención, polo que o Xulgado deu por terminado o procedemento por “satisfacción extraprocesal e perda sobrevinda do obxecto”, pero acordou impoñer as costas que deben ser pagadas ao grupo Popular cun límite de 700€ para gastos de asistencia letrada
-O PP solicita que dita cantidade sexa asumida directamente polo alcalde e non con diñeiro público de todos os veciños xa que foi consciente en todo momento de que o expediente non reunía os informes favorables necesarios e era contrario á lei
O PP de Ponteareas leva a pleno unha moción co fin de que o alcalde, Xosé Represas, asuma a súa responsabilidade na chapuza da tramitación do expediente que tiña como obxecto cubrir unha praza interina de Técnico de Intervención, figura que logo ante a denuncia deste partido foi anulada polo propio alcalde para a creación, baixo o mesmo expediente e sen ningún tipo de informe favorable, dun Viceinterventor.
Varios meses de disparates nos que se advertiu pola nosa banda, afirma Belén Villar, que non se podía continuar co expediente con informes desfavorables da Secretaria Municipal. Informes aos que o alcalde fixo caso omiso, mesmo chegou a encargar a unha empresa externa un informe técnico que avalase a súa actuación, que estaba claro que non cumpría coa lei dende o inicio.
Segundo o PP o Goberno segue aprobando expedientes con informes desfavorables, dalles igual, tiran para adiante, e negan a información os grupos da oposición que deben facer un traballo de fiscalización, quedándonos como única vía acudir á xustiza.
O xulgado deunos a razón, aínda que o Sr Represas rectificase anulando a praza, antes da celebración do xuízo, pero ainda así condénaselle a pagar ao Concello de Ponteareas os gastos das costas o Partido Popular. Cremos que os veciños de Ponteareas non teñen que pagar os caprichos do alcalde, por iso solicitamos no pleno o seguinte acordo:
- Que as Costas do procedemento exposto ás que foi condenado o Concello de Ponteareas, por un importe máximo de 700€, sexan asumidas directamente polo Alcalde e non con diñeiro público e de todos os veciños, porque está máis que demostrado que o Alcalde actuou irregularmente, e todo iso “a propósito” de que o procedemento que estaba a seguir era contrario a lei e estaba informado desfavorablemente por parte da Secretaria municipal.
“Un acordo co que o Partido Popular espera contar co apoio do resto de grupos da oposición, ante unha clara actuación de prevaricación administrativa por parte do Sr Alcalde.