O Goberno gasta os cartos do orzamento reservados para pagar a recollida do lixo a FCC en outras cousas

 

-A última modificación Orzamentaria que o goberno levou ó Pleno, reduxo a partida destinada a pagar o servizo de recollida do lixo e o tratamento do mesmo en 150.000€

-Eliminaron tamén unha partida do orzamento destinada a facer fronte a unha sentenza de mais de 300.000€, que o Goberno ten “gardada nos caixons” e que está a xerar intereses de demora.

No Concello de Ponteareas hai un Orzamento prorrogado que inclúe unha partida económica de 1 millón de euros para prestar o servizo de recollida do lixo que mensualmente se paga á empresa FCC, que é necesaria para poder cumprir co contrato que ten o Concello dende fai anos con esta empresa.

No último Pleno celebrado, o Goberno aprobou unha reducción dos cartos destinados a recollida do lixo, de xeito que na actualidade non queda orzamento suficiente para poder contabilizar as facturas que se reciban en novembro e decembro e poder así pagar á empresa FCC que presta o servizo.

Os concelleiros do PP votaron en contra desta modificación orzamentaria porque supon unha irregularidade o feito polo Goberno, xa que lle retira cartos a unha partida económica que ten ligado un contrato adxudicado polo Pleno e que obrigatoriamente debe contar con presuposto cada ano.

Tamén, continua a concelleira Belén Villar, posicionámonos en contra desta modificación do orzamento levada a cabo o Goberno, porque eliminaron os cartos que había reservados para pagar unha sentenza por mais de 300.000€, que se corresponde con intereses de demora reclamados pola empresa FCC por facturas que se lle pagaron fora de prazo.

Esta sentenza leva mais de dous anos no Concello, é unha sentenza firme, e o Goberno municipal non a paga a pesares de ter cartos nas arcas municipais. Esta demora no pago está xerando mais intereses para o Concello e resulta cando menos unha “irresponsabilidade” por parte do Alcalde, non pagar e agora anular esa partida do orzamento para destinar a novos gastos.