O Pleno reprobou ó Alcalde e obrígao a convocar a Comisión de Seguimento que analice os excesivos contratos externos

  • Alcalde foi reprobado por toda a oposición da Corporación Municipal (PP, ACIP e EU) por incumprir os acordos plenarios.
  • No Pleno do 18 de abril acordouse a creación dunha Comisión de Seguimento que analizara e supervisara a multitude de contratos externos asinados polo goberno local.

 

No pleno celebrado o pasado 19 de setembro debateuse unha moción do Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas tendente a reprobar a actitude do Alcalde nacionalista, Xosé Represas, por negarse a facilitar unha boa parte da documentación relativa aos numerosos contratos externalizados asinados por el, tamén por negarse e pór trabas aos membros da oposición no acceso aos listados de facturacións, a sabendas que no Pleno do 18 de abril aprobouse unha moción do Partido Popular para que o Alcalde, nun prazo de 15 días constituíse unha Comisión de Seguimento para inspeccionar  e analizar todos e cada un destes contratos que significan importantes e elevados gastos para as arcas municipais.

Por outra banda, cos votos de PP, ACIP e EU e co voto en contra do goberno (BNG, PSOE e Riada do Tea) acordouse que de xeito urxente, nun prazo de 5 días hábiles se convoque a Comisión de Seguimento dos Contratos Externos e que entreguen á oposición toda a documentación solicitada e aprobada no Pleno de 18 de abril de 2017.

Dende o Partido Popular de Ponteareas queremos denunciar publicamente a forma de actuar do Alcalde incumprindo un mandato da Corporación Municipal e  entorpecendo a labor da oposición de control e fiscalización do goberno. Estas actitudes obstrucionistas, ocultistas e de total falta de transparencia están a caracterizar ao goberno tripartito (BNG, PSOE e Riada do Tea) de Ponteareas.