O Goberno ten mais cartos e menos obrigas que na anterior lexislatura

En resposta as manifestacións feitas polo concelleiro de facenda nos medios de comunicación afirmando que “sacaron ó Concello da UCI económica na que estaba”, dende o PP temos que decirlles que xa fai un ano que tiñan que ter saneado o Concello, se hubesen cumprido co Plan de Saneamento Económico Financeiro aprobado na anterior lexislatura, con medidas por certo, que tanto BNG como PSOE votaron en contra, e que agora anos despois sí que lles valen e non mudaron.

Tamén lle pedimos o concelleiro e o alcalde que fagan memoria de onde vimos, porque no Concello de Ponteareas fai dez anos había obrigas pendentes de pago que superaban os 20 millóns de euros, e que estas deudas procedían da xestión de gobernos anteriores entre os que estaban incluidos tamén o bipartito PSOE-BNG que gobernou en Ponteareas nos anos 2003 e 2004.

Que agora poidan falar de pagar a últimas débedas, non é mérito precisamente deste Goberno, porque ata a data non tomou ningunha medida de aforro, nen de reducción de gasto e pola contra continuou cobrándolle ós veciños os impostos tal e como estaban, e dicir sen baixar os tipos impositivos, e iso que cando eran oposición non falaban mais que de baixalos a pesares que a situación económica era moito peor que agora.

Nestes momentos, o Goberno está a pagar o que quedaba pendente, nada que non se coñecese, ainda que eles sempre falan de “deudas ocultas” cousa que é falsa porque eran débedas que non se podían pagar ó contar con informes de Intervención desfavorables mentras nos existise sentenza firme do Xulgado, como é o caso de Sestelo ou de Construccions Crespo, sentenzas que foron recibidas no Concello nestes meses, e outras débedas para as que se solicitaron aprazamentos, tanto polo Goberno anterior como polo Goberno actual, como é o caso da ETAP.

Pero pola contra, non dín que agora ingresan do Estado 2,2 millóns € mais cada ano,  e que ata agora eran cartos retidos polo Estado para facer fronte ó pago de obrigas, co cal teñen hoxe mais cartos e menos deudas ás que facer fronte.

Por último dende o PP o que está claro é que a xestión deste Goberno non é acertada nin eficaz, porque están a gastar por enriba das posibilidades que ten este Concello e que a senda de recuperación que se viña producindo nos últimos anos gracias ó Plan de Saneamento e o Plan de Axuste elaborados na anterior lexislatura, está a mudar polos “excesivos compromisos de gasto” que este Goberno está adquirindo.